
Alá estaremos, o Sábado 12 de xullo, a partires das 17:00 hs, no esceario Runas...
E o ano que ven, quén sabe se no escenario grande :-DDDD
Vide a vernos e votai por nóss!!! :-DDDD

Current mood:
catalyzed

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=274079
O Teatro Principal da capital galega acollerá o vindeiro venres, 14 de marzo, a gran final da novena edición do Certame de Música Folk Radio Obradoiro que, organizado polo Grupo Correo Gallego, é xa todo un referente no panorama da música folk en Galicia, como o demostra o feito de que, segundo Paulo Gacio, director e presentador do programa En clave de folk na emisora compostelán, "a cantidade e calidade das maquetas presentadas é cada vez maior, ata o punto de que pensabamos que era un certame para Galicia, pero estamos recibindo xa traballos de fóra".
Unha boa proba diso é que entre os catro seleccionados nesta ocasión, xunto a Ghaita de Pedra, de Lugo; Coanhadeira, de Ourense; Covalblú, de Pontevedra, tamén foi elixido como finalista o grupo Nemon, de Biscaia.
A presenza foránea nesta ocasión achegará, desde o punto de vista de Paulo Gacio, "aínda máis color" a un festival do que saíron formacións hoxe tan consolidadas como o dúo Daniel Bellón e Diego Maceiras, Quempallou o Xochilmica, gañadores en edicións anteriores dun certame no que, apunta Gacio, "si ao principio había moita diferenza entre os candidatos, víase con claridade quen podía ser o gañador, agora resulta verdadeiramente difícil escoller os catro finalistas porque se preparan moito". Un aspecto no que tamén coincidiu onte, na rolda de prensa na que se deron a coñocer os finalistas, José Antonio Ferreira Lence, un dos integrantes de Pradoiro, o grupo que resultou gañador na edición do ano pasado, e que asegurou que "hoxe cada vez a xente está máis preparada, e aínda que os grupos produzan os seus discos, seguen a prepararse".
Ferreira Lence destacou a importancia de certames como o de Radio Obradoiro para os grupos, xa que considerou que "todo o mundo pasou por eles, incluídos Budiño ou Carlos Núñez; todos pasaron por concursos que lles serviron como experiencia e para que o seu traballo puidera ter gran repercusión nos medios de comunicación".
O certame, por outra parte, conta con importantes apoios para a súa celebración, entre eles o da Consellería de Cultura e Deporte, a Concellería de Cultura do Concello de Santiago, e os estudos Phonos.
Xurado
O xurado encargado de decidir quen será o gañador de entre os catro finalistas estará formado por un grupo de profesionais do sector, que tomarán a súa decisión tras as actuacións de cada un dos catro aspirantes. Unhas actuacións que, por outra parte, poderán gozar en directo os seguidores que se acerquen ao Teatro Principal o vindeiro 14 de marzo, a partir das 21.30 horas. A entrada do público é totalmente gratuíta.
O premio
O gañador terá como premio a gravación dun disco, que logo poderá comercializar posto que se lle dará un elevado número de copias do mesmo. Ademais, conservará todos os dereitos do traballo discográfico.
QUEN DIXO MEDO !!!!